As autoridades degustaron o pincho gañador do Patapas 2023

Xinzo presente en Xantar 2024

Xinzo presente en Xantar 2024

Promocionando as festas e a gastronomía

O Concello de Xinzo de Limia está a participar no 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, en Expourense, cun espazo promocional que destaca a riqueza culinaria da comarca. Na inauguración, estiveron presentes representantes municipais, que puxeron en valor a relevancia deste evento para o turismo e a promoción dos produtos locais.

IMG 20241024 125847

Carlos Gómez, Ricardo Sieiro e Antonio "Toni" fixeron de anfitrións

Un dos puntos fortes da participación de Xinzo foi a degustación gastronómica, onde se presentaron as “Delicias de Pataca”, o prato estrela que gañou o I Concurso de Patapas do concello. Esta creación culinaria destaca pola súa orixinalidade e o uso dun dos produtos máis emblemáticos da rexión, a pataca.

O espazo de Xinzo no Xantar estará aberto ata o domingo 27 de outubro, convidando a todos os visitantes a coñecer de primeira man o Concello de Xinzo de Limia