O Cabildo de Gran Canaria adhírese ao Irmandamento Hispano-Luso de Pobos Produtores de Pataca

Amador Díaz viaxou a Gran Canaria a semana pasada

Amador Díaz viaxou a Gran Canaria a semana pasada

Como presidente  da Asociación Hispano-Lusa de Pobos Produtores de Pataca

Como continuación ao acto de creación da asociación hispano lusa de concellos produtores de pataca fundada o ano pasado coincidindo coa inauguración de ALIMAGRO e tendo como concello patrocinador o de Xinzo, no que saíu elixido presidente da asociación Amador Díaz, pola súa dobre condición, alcalde e a vez produtor de pataca. O pasado fin de semana tivo que trasladarse ata o Cabildo de Gran Canaria para formalizar a adhesión da localidade a asociación.

54

Acto protocolario da firma 

O acto tivo lugar no Concello de Teror, durante a VI Feira Insular da Papa. Esta incorporación supón un paso importante para o reforzo da colaboración entre as rexións produtoras de pataca en España e Portugal, consolidando proxectos conxuntos enfocados na innovación agrícola, o desenvolvemento sostible e a promoción deste produto a nivel internacional.

Collage 5

A presenza de Gran Canaria no irmandamento é especialmente significativa, dada a tradición agrícola da illa e a relevancia que a papa ten para a súa economía local. A sinatura abre novas oportunidades para potenciar a investigación sobre o cultivo da pataca, mellorar as técnicas de produción e avanzar na apertura a novos mercados.