Xornada para esquecer do A.B. Xinzo

Xornada para esquecer do A.B. Xinzo

 Este fin de semana tocou derbi con Allariz, con malos resultados para os da Limia.

Rematou  mal a tarde do sábado dende o primeiro minuto que saltaron a cancha os equipos dos Sénior masculino do A.B.Xinzo e os invictos de Salesianos de Vigo. Desconcentración dos locais dende o minuto un ante a apisoadora de Vigo que ao fin da primeira parte xa ía gañando de 30 puntos.

O Júnior masculino seguen sen coñecer a vitoria nos tres partidos disputados. O positivo é que os marcadores están sendo bastante axustados polo que é de pensar que segundo vaia descorrendo a temporada vaian cambiando.

Tamén o sábado pola tarde disputouse un derbi contra Allariz, nas que as cadetes lograron unha vitoria. Non así, no mesmo derbi, pero esta vez en Allariz os cadetes masculinos, non foron quen de plantarlle cara perdendo no desprazamento. Reseñar que o equipo de cadete de Allariz é un dos que “a priori” optan ao ascenso.

Tamén os infantís masculinos 2011 e 12 perderon os seus respectivos encontros. Os infantís femininos 11 gañaron contra o Blanco Amor e as de 2102 perderon contra o Allariz.

Liga Galega Mini

Nesta liga os minis 2013 e 2014  perderon nas súas visitas a BBALL.

Por último os pre mini, masculinos e feminino gañaron nos seus desprazamentos a Ourense.