A Casa da Cultura acollerá a entrega da I Edición das Medallas Pro Ecclesia

A Casa da Cultura acollerá a entrega da I Edición das Medallas Pro Ecclesia

O Obispado de Ourense, o día 7 de Novembro, na Casa da Cultura, premiará o compromiso e a corresponsabilidade social coa igrexa a través das Medallas Pro Ecclesia

O Obispado de Ourense, o día 7 de Novembro, na Casa da Cultura, premiará o compromiso e a corresponsabilidade social coa igrexa a través das Medallas Pro Ecclesia

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a labor levada a cabo por persoas, asociacións e institucións que se distinguen pola súa entrega, implicación ou aportación económica para a xestión ordinaria ou o desenrolo de proxectos na súa parroquia ou para o conxunto da Dioceses de Ourense.

As medallas poraás o Sr. Bispo nun acto público, convocado para toda a Dioceses, no marco da presentación da memoria de actividades da Dioceses que se leva a cabo, cada ano, nunha zona diferente da Dioceses.

Os premiados son: 

Inés Álvarez Méndez, sacristana da parroquia de Santa Mariña de Xinzo dende fai mais de medio século. Que se encargou sempre de todo o necesario para as celebracións, de preparar as flores, de manter limpo e coidado o templo parroquial, elaborar purificadores e corporais que aínda enchen os armarios da igrexa. Dedica a súa vida a Igrexa, e podémola atopar no templo parroquial, vivindo con entrega e dedicación algo que para ela forma parte do seu día a día.



Inés Álvarez, sacristana en Xinzo



Lisardo Otero Villar,  pertencente a comunidade de Paúles do santuario de Los Milagros. Nado en Calvelo de Lamamá o 25 de decembro do 1933. O Irmán Lisardo é un home fiel, tranquilo, acolledor, amante da Virxe María e deste Santuario, que leva 42 anos ininterrompidos sen apartarse, nin de día nin de noite, do Santuario e da súa atención. A acollida, a orden, a limpeza, que cada cousa este no seu lugar, a pulcritude… son as características externas que manifestan o seu amor pola labor desempeñada e por la Igrexa.


Hermano Lisardo, de los Paules del santuario de Los Milagros

Estrella Marzoa Cid, feligresa da igrexia de Santiago de Allariz, parroquia da que foi sacristana xunto co seu esposo David.  É outra das persoas seleccionadas para este recoñecemento. Estrella foi, mentres a acompañaron as forzas, corazón e alma de Cáritas en Allariz, onde acolleu, acompañou e traballou con entrega polas persoas que mais o necesitaban. Ela coñecía un a un a cada persoa, a cada familia, cada neno, coas súas realidades de vida, seus fogares, incluso seus gustos, firme nas ocasións e a vez como unha nai doce e próxima.

Estrella Marzoa

D. José Salgado e Dña. Encarnación Rodríguez, matrimonio de Verín que este ano celebran as súas Bodas de Ouro. Encarna e Pepe, como se lles coñece na zona, son familiares dun sacerdote falecido e converteron a súa casa nun verdadeiro fogar aberto a os sacerdotes, onde acollen, acompañan e celebran. É habitual velos preocupados polos sacerdotes maiores ou animando aos mais xóvenes na súas tarefas pastorais, co as que colaboran en todo o que poden.



José Salgado y Encarnación Rodríguez (en el centro) el día que celebraron sus bodas de oro

D. Miguel Baños voluntario na Delegación episcopal de Misións dende fai 50 anos, axudando no traballo de almacén, reparto de materiais, organización de campañas… caracterizándose pola súa fidelidade, humildade e espírito de servizo, de maneira desinteresada. Sempre disposto para realizar calquera tarefa que se lle pedise, tanto dende a Delegación como dende calquera outro ámbito da Igrexa diocesana. 


Miguel Baños, voluntario en la delegación de Misiones del Obispado de Ourense


Grupo de Voluntariado Ambiental Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense que realizan, dende fai 27 anos, unha labor incansable no coidado da Casa Común, na liña dos mensaxes e ensinanzas do Papa Francisco. Plantación de árbores, coidado dos nosos montes, limpeza de ríos, hábitos de vida saudables, recollida de tapóns solidarios, facendo unha aposta pola inclusión e axudando a levar estes valores, non solo a toda a comunidade educativa do Colexio Plurilingüe Divina Pastora, senón tamén, a toda a sociedade ourensana. Reconoceselle así a labor do seu profesorado, encabezado por Cristina Bravo Bosch e Gonzalo Sánchez Busons, xunto a un alumnado que abarca xa varias xeracións.



Ecovigilantes de Franciscanas en una de las actividades de limpieza de ríos

Outro premio grupal é o que recibirá a comunidade parroquial de Cortegazas (Avión). Reconoceselle o interese demostrado na rehabilitación do templo e a súa colaboración económica para facer posibles as obras. Os veciños de Cortegazas reuniron 45.000 euros para poder levar a cabo a recuperación da cuberta de pedra así como outros arranxos na súa igrexa parroquial, a de San Antonio de Cortegazas dando mostra de que, xuntos, pódense alcanzar grandes logros.

1280px Igrexa de Cortegazas, Aviu00f3n


Todos eles recibirán as medallas que simbolizan este recoñecemento a súa colaboración coa Igrexa o 7 de Novembro, nun acto que presidirá o bispo Leonardo Lemos Montanet.