O foodtruck de "GALICIA SABE AMAR", este venres na Praza Maior.
Un dos catro foodtrucks que recorren todo o territorio nacional repartirá pinchos de forma gratuíta na Praza Maior, con horarios de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. Promovendo o consumo de produtos do mar.
En cada parada os visitantes poderán degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
Un dos catro foodtrucks que recorren todo o territorio nacional repartirá pinchos de forma gratuíta na Praza Maior, con horarios de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:00 horas. En total, son catro foodtrucks que están recorrendo Galicia, preferentemente os concellos de mais de 1.000 habitantes. O número mínimo de degustacións totais que se realizarán son 600, en 2024, e 800, en 2025.
Esta iniciativa da Consellería do Mar pretende mostrar a versatilidade dos produtos acuícolas e por en valor o traballo das xentes do mar que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a posta a disposición dos consumidores; en definitiva, da cadea mar-industria.
Con esta iniciativa perséguese reverter o descenso e o seu impacto dende o punto de vista da saúde e da economía, do consumo de alimentos pesqueiros e acuícolas, así como potenciar o sector e o comercio de proximidade.
- A nova campaña de rutas gastronómicas por Galicia terá unha duración de 20 meses e un presuposto de mais de 1,2 millons de euros, cofinanciados nun 70% por o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA). Na primeira edición, 762 concellos de toda a xeografía galega e parte da española, degustaron alguns dos 791.800 pinchos elaborados a base de produtos certificados do mar e da terra.