Eroski implica aos clientes na doazón ás entidades LIMISI e Algaria

Eroski implica aos clientes na doazón ás entidades LIMISI e Algaria

Os clientes terán a opción de elexir durante estos dias entre as asociación Limisi e Algaria como destinatarios das doazóns

Os supermercados Eroski de Xinzo están levando a cabo unha campaña solidaria encamiñada á promoción de doazóns económicas á entidades sen ánimo de lucro da vila, no marco de iniciativas levadas a cabo con anterioridade por esta cadea. A votación remata este sábado, ainda estandes a tempo.


Os clientes terán a opción de elexir durante estos dias entre as asociación LIMISI e Algaria como destinatarios das doazóns, mediante unhas papeletas que poderán depositar nunhas furnas instaladas a tal efecto.

O obxectivo final é que a clientela poida decidir maioritariamente a cál entidade irán destinadas as doazóns no futuro, unha vez o vindeiro luns se faga o reconto. A partir dese escrutinio, os usuarios do supermercado que fagan uso do pago con tarxeta poden aportar unha pequena cantidade ao colectivo que resulte gañador durante un periodo determinado de tempo. Con posterioridade, os responsables de Eroski abrirán outra quenda alternativa na que será a outra asociación a beneficiaria das aportacións económicas.

2

A asociación LIMISI, comezou a súa andaina en Novembro do 2002, o seu obxetivo e a promover e visibilizar as persoas con diversidade funcional, é unha asociación de pais, nais, familiares, amigos  e persoas con discapacidade intelectual. O seu fin é mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, potenciando o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, actuando directamente no ámbito das súas competencias. Busca a plena integración, velando por salvagardar os dereitos en todolos aspectos da vida, mediante o apoio a estas persoas e ás súas familias e a sensibilización da sociedade. De feito, un dos seus usuarios é traballador nesta cadena de supermercados.

A outra entidade é Algaria, constituida o 17 de Xuño do 2010, unha asociación sen ánimo de lucro creada co fin de dar resposta as necesidades da poboación con discapacidade física na comarca da Limia. O seu obxectivo é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todolos ámbitos da socidade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as suas necesidades e expectativas.

1