Elvira Lama solicita de urxencia ao Concello medidas para axudar aos afectados pola DANA
A Federación Galega, a partir deste luns vai a establecer unha conta para que os municipios, que queiran e poidan, fagan algún ingreso dalgunha contía económica.
Elvira Lama, representante do PSdG de Xinzo, a primeira hora desta maña, acaba de dar traslado a o alcalde, Amador Diaz, para que se establezan medidas e puntos de recollida para axudar os damnificados pola DANA de Valencia.
A Federación Española de Municipios e Provincias fixo chegar un correo electrónico dando traslado de que a Federación Valenciana de Municipios solicita axuda dos diferentes concellos.
"Ante unha traxedia desta magnitude, debemos estar todos a la altura. A través das institucións, como é neste caso a Federación Galega de Municipios, a FEGAMP, e a través da FEM, por os mecanismos de axuda." dinos Elvira Lama.
A Federación Galega, a partir deste luns vai a establecer unha conta para que os municipios, que queiran e poidan, fagan algún ingreso dalgunha contía económica.
Situación ante a que Elvira considera que: "Eu creo que a solidariedade dos veciños de todo o país debe estar coa xente que o está pasando realmente mal, porque están pedindo a gritos «auga». Os alcaldes e as alcaldesas destas cuidades están absolutamente desbordados. A xente está nas súas casas, non poden saír, no hai onde abastecerse."
Sobre o terreo están traballando a UME, os bombeiros e todas as entidades e corpos que poden, pero a día de hoxe aínda hai lugares os que non poden chegar. Polo que é prioritario establecer xa os mecanismos de axuda.
"Nestes momentos hai que apartar as siglas e do que se trata é de por en marcha canto antes mellor o que sexa necesario" Elvira Lama.