Consternación en Rairiz
O tráxico falecemento de Alex Nogueiras ten o concello de Rairíz e a toda a comarca de Xinzo consternados.
O tráxico falecemento de Alex Nogueiras ten o concello de Rairíz e a toda a comarca de Xinzo consternados.
Un rapaz do que todos falan con moito respeto e cariño, facía uns anos que él e a súa familia se habían mudado para o concello de Rairíz, dende o principio involucrouse de pleno na Romaría da Saínza.
Dende o concello queren mostrar as súas condolencias, en palabras da alcaldesa Asunción Morgade:
"Dende o concello estamos profundamente tristes, por esta noticia, queremos transmitir as nosas condolencias a familia. Xa que era un rapaz moi coñecido entre os mais novos e un participante excepcional nos combates da Romería da Saínza, non se perdía nin un."
Esta tarde a corporación municipal reunirase para decretar loito oficial.
O enterro será maña as 17:00 h. na Igrexa de San Andrés de Guillamil
Desde Dendealimia queremos dar as nosas condolencias a familia e amigos.