Tempo de Magostos

Tempo de Magostos

Fins de semana cheos de castañas e diversión en: Baltar, Escolas Deportivas do Concello de Xinzo, Lobios, Parada de Outeiro (Vilar de Santos), Porqueira, Rairíz de Veiga, Sandiás, San Pedro de Laroá e Xinzo.

Este fin de semana celébranse os magostos na Limia.

O Magosto é unha festa onde se celebra a recollida da castaña, a xente reúnese ao carón dunha fogueira onde se asan as castañas nun tixolo. Con esta celebración ponse en valor a importancia da castaña, fonte importante de alimentación ata a chegada do millo e a pataca no século XV. 

É unha festa de orixe celta, que celebra o fin do verán e o inicio da tempada de fríos, era a súa celebración de aninovo. Festa que estaba relacionada co lume sagrado, elemento purificador, co que de algún xeito se lograba a inmortalidade. O Magosto e o Samaín ían da man, xa que se conta que os mortos baixaban as casas durante a noite, as portas deixábanse abertas e o lume acendido para mitigar o frío, as animas baixaban a quentarse ao lume do magosto, e cada castaña comida era unha alma salvada. 

A súa celebración na provincia de Ourense é arredor do 11 de Novembro, día de San Martiño. Ademais das castañas, nesta festa tamén podemos degustar os chourizos, xa que nesta época comezan as matanzas, e o viño novo extraído das vendimas deste ano.

Se queredes comer castañas e volver un pouco as orixes podedes ir a: 

Escolas Deportivas do Concello de Xinzo

O venres 8, no campo Fdez. Carrera convidanvos a porco a grela, pan e castañas. 

WhatsApp Image 2024 11 06 at 07.44.38



Porqueira

O sábado 9, as 14:00 horas no campo da festa. As entradas custan 5€, haberá inchables, animación para os mais cativos. Venta anticipada das entradas nas oficinas do concello.

WhatsApp Image 2024 11 06 at 07.53.53


San Pedro de Laroá 

O sábado as 14:00 horas no Centro Social. Tendes para anotarvos ata hoxe, podendelo facer a través do seu instagram @sanpedrodelaroa, ou falando persoalmente con Rosi, Marcos ou Blanca. Por so 10€ poderedes degustar: empanada, costela de porco, chourizo, panceta, bica, bebidas, café, licor e por suposto castañas asadas.

WhatsApp Image 2024 11 06 at 07.40.01


Sandías

O sábado a partir das 13:00 horas, na pista polideportiva. Podedes inscribirvos no propio concello, por 7€ poderedes desfrutar de castañas. comida, bebida e queimada. Os cativos ata 6 anos son de balde. Ademais da comida haberá música e colchonetas para os mais cativos. 

WhatsApp Image 2024 11 06 at 07.39.27


Parada de Outeiro (Vilar de Santos)

O domingo 10, dende as 12 horas no campo de fútbol. Ata o venres poderedes mercar os vosos tickets, por 8€ nos lugares de costume, os menores de 12 anos son de balde. É necesario mercar o ticket e presentalo para poder participar.

WhatsApp Image 2024 11 06 at 07.40.34


Xinzo de Limia

O domingo 10, as 19:00 horas na Praza de Oriente. Poderase degustar de maneira gratuíta: castañas asadas, chourizos, pan, auga e viño, ademais de desfrutar de boa compañía e música.

WhatsApp Image 2024 11 06 at 07.55.36


Baltar

O sábado 16 a partir das 20:00 horas, no Pavillón Municipal. Por 3€, que serán doados voluntariamente, a Campaña contra a Fame da Infancia no Mundo, poderán degustar: empanada, costela, chourizos, touciño entrefrebado, castañas e bica. Ademais de moita música a cargo da Escola de Música, a Coral e o grupo "As Xeitosiñas". Haberá un premio para a castaña mais grande e orixinal. Para anotarse hai que chamar ao concello, ao número: 988 46 65 03.

WhatsApp Image 2024 11 06 at 09.30.29


Lobios

O día 16 a partir das 19:30 horas, no pavillón de deportes, haberá castañas, chourizos, panceta, pan, viño, queimada e bica. Todo isto amenizado pola Banda de Música de Lobios.

WhatsApp Image 2024 11 06 at 07.49.44


Rairíz de Veiga

O sádado 16 a partir das 19:30 horas, na pulpería a Saínza. Por 6€, o menú constará de: empanada, churrasco, criollo, bica e castañas. Ademaís de música e baile. Para anotarse hai que ir onde Chelo ata o día 10.

WhatsApp Image 2024 11 06 at 08.08.07