O Cros Escolar triunfa en Xinzo, mais de 300 atletas reunironse onte.
A maioria das primeiras posicións foron acadadas por corredores e corredoras da Asociación Deportiva Limiactiva.
Onte celebrouse o Campionato Comarcal de Cros Escolar, no Hipódromo de Antela. Mais de 300 atletas de diferentes clubes e centros escolares participaron nas carreiras.
O evento foi organizado por A.D. A Limia, coa colaboración do Concello de Xinzo, A. D. Limiactiva e do Hipódromo de Antela.
Entre os participantes habia rapaces e rapazas do: I.E.S. Lagoa de Antela, I.E.S. Cidade de Antioquía, C.E.I.P Carlos Casares, C.E.I.P Rosalía de Castro, C.E.I.P Baltar, C.E.I.P Sandiás, C.E.I.P Sarreus, C.E.I.P Carlos Cid Arregui (Rairíz de Veiga), C.E.I.P Os Blancos, C.E.I.P Vilar de Barrio e A.D. Limiactiva.
A continuación imaxes dalgúns dos premiados:
Na categoría Benxamín Fem. 16-17
1º posición: Leila Ferreiro 2º posición: Iría Fonseca 3ª posición: Alba Quintas
Na categoría Benxamín Masc. 16-17
1º posición: Martín Saa 2º posición: Yago García 3ª posición: Alex Valencia
Na categoría Alevín Masc. 14-15
1ª posición: Hector Souto 2ª posición: Alejandro Fernández 3ª posición: Bruno Saa
Na categoría Alevín Fem. 14-15
1ª posición: Xiana Arrojo 2ª posición: Emma Jurado 3ª posición: Sabela Fernandéz
A maioria das primeiras posicións foron acadadas por corredores e corredoras da Asociación Deportiva Limiactiva.