Mesa redonda sobre Antón Tovar na Biblioteca Pública Antelana
Hoxe, as 19:30 horas, na Biblioteca Pública Antelana (Casa da Cultura)
Unha ocasión única para achegarse á figura de Antón Tovar e ao legado literario que deixou, enriquecendo o panorama cultural de Galicia.
Hoxe, a Biblioteca Pública Antelana, situada na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, acollerá unha mesa redonda dedicada ao escritor e poeta Antón Tovar, figura destacada da literatura limiá.
O encontro está previsto para as 19:30 h e promete ser unha xornada para descubrir ao poeta e ao home, así como para explorar a relevancia da súa obra na actualidade.
Baixo o título “Antón Tovar, o poeta e o home”, a sesión abordará unha pregunta clave: é relevante a poesía de Antón Tovar para os novos lectores de hoxe? Para falar sobre esta cuestión, contaremos coa presenza de tres persoas de recoñecida traxectoria e profundo coñecemento da obra de Tovar: Xesús Alonso Montero, Rochi Novoa e Delfín Caseiro, baixo a moderación de Gustavo A. Garrido.
A actividade conta coa colaboración da Fundación Carlos Casares, a Biblioteca Municipal Antelana, e está organizada polo Concello de Xinzo de Limia.
Unha ocasión única para achegarse á figura de Antón Tovar e ao legado literario que deixou, enriquecendo o panorama cultural de Galicia.