A Diócesis de Ourense entregou as Medallas Pro Ecclesia onte en Xinzo
Un acto emotivo onde se quixo agradecer a persoas, asociacións e institucións pola súa entrega, implicación e dedicación coa súa parroquia ou coa Igrexia.
Onte a tarde tivo lugar a entrega de medallas Pro Ecclesia 2024, a Casa da Cultura encheuse de persoas vinculadas coa igrexa dun xeito ou outro. O acto acudiron o Delegado da Xunta en Ourense, o Diputado de Representación Institucional da Diputación de Ourense, os alcaldes de Avión, Baños de Molgas, Parada de Sil e Xinzo, o tenente coronel da Garda Civil, o comisario Xefe provincial da Policía Nacional en Ourense, o vicerrector da Universidad de Vigo e demais persoas. Foi presentendo por Vidal López, locutor da cadena Cope, xunto con Cristina Rodríguez, Secretaría Episcopal de Comunicación e da Oficina de Sostemento do Obispado de Ourense , o acompañamento musical estivo a cargo de José Luis Tielas e o Coro de Santa Mariña.
O Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos, foi o encargado de impor as medallas nunha nova iniciativa levada a cabo pola Dioceses de Ourense nesta súa primeira edición. O acto tamén serviu para a presentación da memoria de actividades do ano 2023.
Os fieis aportaron no ano 2023 mais de 7 millóns a Dioceses, durante o ano pasado leváronse a cabo 14 proxectos de rehabilitación de templos, casas rectorais ou restauración de retablos, cunha inversión de 500.000 € e o apoio da Xunta, da Diputación de Ourense, a Comunidade de Montes e os propios feligreses.
Outro dos datos relevantes da Memoria é o forte incremento de visitantes rexistrados na Catedral de Ourense, ata 38.628 persoas visitaron o templo.
Os agasallados foron:
Doña Inés Álvarez Méndez, sacristana da parroquia de Santa Mariña de Xinzo, ademais da medalla, un grupo de amigas quixo facerlle un pequeno homenaxe dada a súa labor e subiron o escenario para regalarlle un ramo de flores e alagar o seu traballo.
O Irman Lisardo Otero Villar, pertencente a comunidade de Paúles do Santuario de Os Milagros. Con 93 anos leva mais de 20 anos da súa vida adico o Santuario.
Doña Estrella Marzoa Cid, feligresa de Santiago de Allariz, que estivo o frente de Caritas Allariz durante moitos anos, xunto co seu marido xa falecido.
Don José Salgado e Doña Encarnación Rodríguez, matrimonio de Verín que este celebra as súas bodas de ouro, a súa vinculación coa igrexa ven dada a que o irmán de Encarnación era o cura Don Felisindo Rodríguez.
Don Miguel Baños, Voluntario na Delegación episcopal de Misións en Ourense, dende fai mais de 50 anos.
O Grupo de Voluntariado Ambiental Ecovixiantes de Franciscas de Ourense, onde como eles din, todos somos ecovixiantes cada un en cada pequeno feito.
A Comunidade parroquial de Cortegazas (Avión) polo interese demostrado na rehabilitación do templo e a súa colaboración económica co ditas obras, recaudando cartos a traves da venda de madeira, doazóns dos veciños e moito esforzo.
Entre o público atopamos ao Padre Yerai Fariñas, que comzou a súa carreira na nosa igrexa de Xinzo.