Antón Tovar máis preto do homenaxe das Letras Galegas

Antón Tovar máis preto do homenaxe das Letras Galegas
A fundación Carlos Casares, Xesús A.Montero , Rochi Novoa e o Museo da Limia solicitan outra vez a designación do día a Antón Tovar.

A renovada biblioteca de Xinzo, foi o escenario dunha mesa redonda sobre o poeta Antón Tovar, no que todos os participantes remataron as súas intervencións solicitando para o ano 26 o día das Letras Galegas para o autor limiao Antón Tovar.

02

Delfín Caseiro, Rochi Novoa, Xeús A. Montero e Gustavo Garrido

Gustavo Garrido, secretario da fundación Carlos Casares, organizadores da mesa, fixo de moderador nunha mesa "presidida" por Xeús A. Montero, quen falou largo e tendido sobre a poesía en castelá do autor limiao unindo ademais a súa obra a de Carlos Casares. Alonso Montero foi escoitado con auténtica devoción dos presentes rematando co descubrimento que el na sesión do ano 22 votou pola candidatura de Antón Tovar para o día das Letras e "promovendo" seguir a traballar para que sexa no 26 ese día.

Tamén manifestou que Antón Tovar, segundo el sabe, foi o peta que máis poesías dedicou a "criada" da familia -Susa- que rematou sendo a matriarca da familia unha vez que finaron os seus pais.

Pasou a falar a continuación a poetisa "mestre" Rochi Novoa falou de cando ela coñeceu o nome de Antón Tovar e o momento en que ela comezou a ler os seus poemas, poemas que segundo ela deberíanse levar canto antes as aulas de primaria e secundaria, para o que se ofreceu a traballar nun grupo para facelo. Esta proposta súa foi recollida por Delfín Caseiro en nome do Museo da Limia. 

Rochi rematou a súa intervención cun poema dedicado ao autor.




Rematou as intervencións Delfín Caseiro para falar sobre a procedencia do autor "A Pereira" do concello de Rairiz, concello do que foi nomeado fillo adoptivo un ano antes do seu pasamento, sendo o día mais feliz da súa vida, vida da que contradixo a imaxe que ten del moitas persoas de que era un home triste.

Rematou esperando que por fin o 26 sexa o seu ano, e de non ser ese...xa será outro.

ACTUACIÓN DE ALUMNADO DO CONSERVATORIO

Collage


Antes do comezo da mesa redonda os presentes deleitáronse con dúas intervencións de dous grupos de alumnos e alumnas do conservatorio.