Bo fin de semana para o A.B.Xinzo
O Senior Masculino volveu a senda da victoria e o Senior Femnino xogou un bo partido contra as lideres do campionato.
Xornada de 9 partidos para o A.B. Xinzo
O Sénior Masculino xa leva catro vitorias de seis partidos, aínda que esta última saíu vitorioso dun partido complicado, cunha vitoria por 59-50, onde os rivais puxéronllo difícil. Ademais diso, a falta do adestrador principal e a lesión de Héctor a metade de partido fixeron o xogo mais complexos.Pero os Seniors atópanse nun moi bo momento, en comparación cos cuartos do ano pasado.
Polo cal atópanse entre os tres primeiros da clasificación.
O Sénior Feminino perdeu por mais de 20 puntos, pero estiveron loitando duramente ata o último cuarto. O equipo contrario viña como líder da clasificación, pero as xogadoras do A. B. Xinzo estiveron a altura ata o terceiro cuarto.
O equipo Infantil 2011 volveu gañar por terceira vez, desta quenda enfrontouse contra o equipo do Barco, partido no cal saíron vitoriosas.
Os Minis e Preminis
O mini feminino 2013 tamén saíron vitoriosas do seu encontro contra o equipo do Barco.
Pola contra o Mini Feminino 2014 perdeu en casa contra o Allariz.
O Mini Masculino 2014 gañou esta fin de semana contra o Barco.
E o Mini Masculino 2013, que xoga na Liga Galega, perdeu esta fin de semana nun partido moi igualado contra o Seis de Nadal, de Vigo.
Ambos equipos dos Preminis gañaron nos seus respectivos partidos, que xogaron o Feminino contra o Maristas e o Masculino en casa.