Os bombeiros lamentan a súa descoordinación nas intervencións trala DANA e urxen desbloquear a Lei que solventaría estas brechas de seguridade
O próximo día 30 de Novembro manifestaranse en Madrid, para culpar das neglixencias detectadas nas labores de rescate a falta de vontade política.
Os bombeiros lamentan a súa descoordinación nas intervencións trala DANA e urxen a desbloquear a Lei que poría solución a estas brechas de seguridade. Na opinión da Coordinadora Unitaria de Bombeiros Profesionais (CUBP), as neglixencias detectadas nas labores de rescate das zonas do Levante arrasadas polo temporal poderían haberse evitado parcial ou totalmente si a Lei Marco de Coordinación estivera xa en vigor e non fora obxecto do abandono por parte dos diferentes grupos políticos.
Os bombeiros recordan que esta Lei rexistrouse por primeira vez no 2018 e que formaba parte do programa do actual goberno. Así mesmo, alertan de que o seu bloqueo agrava os efectos ante catástrofes naturais ou outros sinistros que requiran unha resposta decidida e unánime dos equipos de emerxencia. Por elo, manifestaranse o próximo 30 de novembro en Madrid, tal e como informaron nunha carta remitida ao ministro do Interior, na que solicitan unha reunión para buscar solucións conxuntas que permitan mellorar a protección e seguridade de todolos cidadáns.
Neste contexto, a CUBP avisa de que, a pesar de que miles de bombeiros profesionais amosaron a súa vontade de desprazarse as zonas mais afectadas polo temporal nada mais transcender a magnitude da traxedia, no puideron traballar adecuadamente debido á ausencia dunha lexislación pertinente que permita intervir de xeito rápido e eficaz.
Os bombeiros amosan as súas condolencias as familias das mais de 220 vítimas e lamentan profundamente non poder prestar unha axuda mais inmediata e coordinada fronte as miles de persoas que presentaron cadros de hipotermia, sufrido falta de auga e electricidade, ou estado incomunicadas ou atrapadas entre escombros no interior de vehículos.
Finalmente, advirten que o bloqueo político desta Lei seguirá comprometendo a seguridade cidadá ante incendios ou outras emerxencias climáticas, e de outra índole, pois moitas veces non poden actuar no parque de bombeiros mais próximo, senón que deben acudir ao que lle corresponda na zona afectada; o que alonga os tempos de intervención e deteriora perigosamente os servizos de protección que prestan estes profesionais.