Fin de semana de cal e area para o A.B. Xinzo

Fin de semana de cal e area para o A.B. Xinzo

Xornada especial da Diabetes

Este fin de semana foron as xornadas da Diabetes, dende a Federación queren concienciar e dar visibilidade, no A.B. atopamos unha xogadora e unha adestradora con esta condición que levan xogando e competindo dende fai anos e son un exemplo para os demais.

Seniors

O Senior Masculino perdeu o sábado contra o Porriño, un partido complicado onde o rival foi superior, houbo momentos en onde o A.B. se aproximou no marcador pero os esforzos non foron suficientes.

A primeira volta rematou con 4 vitorias e 3 derrotas, nesta segunda o obxectivo é quedar entre os 4 primeiros para loitar polo titulo e librarse do descenso.

WhatsApp Image 2024 11 18 at 09.38.46 (2)

Pola contra grata sorpresa, onte domingo, en Cambados o Senior Feminino gañou. As xogadoras fixeron unha primeira parte case perfecta, onde anotaron 49 puntos, xa na segunda parte houbo momentos de tensión onde o Cambados chegou a pórse por riba no marcador, pero a compenetración das xogadoras que subiron de junior do ano pasado coas veteranas notouse e fíxoas gañadoras do partido. A formación so leva 2 anos e medio competindo pero os froitos do bo traballo estanse vendo.

WhatsApp Image 2024 11 18 at 09.38.46 (1)

Juniors

O Junior Masculino perdeu hoxe a tarde en Allaríz o último partido da primeira fase da temporada. Agora farán parón ata Xaneiro que comenzaran as ligas. Rematan a fase de ascenso sen acadar vitorias pero  as esperanzas están depositadas no comezo da nova liga.

WhatsApp Image 2024 11 18 at 09.38.46 (3)

Cadetes 

As Cadete Feminino gañaron o domingo contra o Depordima. Os Cadetes Masculinos gañaron o sábado contra Maristas.

Os doces feminino e masculino perderon os seus respectivos partidos contra o Maside e o Verín.

Minis

As Minifemeninas 13 enfrontábanse contra o equipo do Mestre Vide, nun partido moi igualado, no que saíron vitoriosas as xogadoras do Mestre Vide por 2 puntos. E o Minimasculino 13, que xoga na liga galega, perdeu onte na súa visita a Seisdonadal.

Cal e area para os Minis 14, mentres que o equipo feminino perdía o masculino gañou en Depordima.

Premini

As Premini seguen invictas con 3 partidos xogados e 3 vitorias. Onte gañaron en Verín. E o Premini Masculino perderon o sábado contra os favoritos.

WhatsApp Image 2024 11 18 at 09.38.46