Recoñecemento de Xinzo en "Vilas en flor de Galicia"

Recoñecemento de Xinzo en "Vilas en flor de Galicia"

O concello de  Xinzo de Limia ve recoñecido o seu esforzo medioambiental en Vilas en Flor 2024

Ángeles Martínez, en representación do concello de Xinzo co galardón "Flor de Honra" no certame Vilas en Flor Galicia 2024, destacando pola mellora dos seus espazos verdes e o compromiso coa xestión sostible. A entrega do diploma tivo lugar o pasado venres en Salvaterra de Miño 

1

Ángeles Martínez recibindo o diploma

Vilas en Flor é un programa anual que promove a mellora da calidade de vida a través da conservación e posta en valor das áreas verdes urbanas, a educación ambiental e a concienciación cidadá. Xinzo únese así aos 42 concellos galegos galardoados nesta edición.