A 13ª edición do percorrido da saúde polo rural, rematou a semana pasada
Como nas edicións anteriores organizada pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia
A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia finaliza a súa andaina pola zona rural de Ourense no que é xa a súa 13ª edición do PERCORRIDO DA SAÚDE POLA ZONA RURAL, e despois de percorrer os pobos da comarca da Limia, San Paio (Baltar), Sarreaus, A Forxa (Porqueira) e Parada e Ganade (Xinzo de Limia).
O obxectivo principal é a dinamización do rural coa organización de talleres que contribúan a unha vida saudable e que achegan a poboación aos hábitos adquiridos en anteriores edicións, a alimentación saudable, a actividade física e a importancia de socializar cun enfoque cultural.
Coa itinerancia como aceno de identidade, a entidade sen ánimo de lucro chega ao Centro Social de Ganade nun encontro dando visibilidade á alimentación autóctona e produtos de proximidade, e será Pablo G. Vivanco, farmacéutico, nutricionista e presidente de Ourensividad quen nos fale da dieta atlántica como base a nosa alimentación. Como peche do programa en 2024, será Ana Canela Fernández, Doutora en Saúde Pública e investigadora do equipo de Michael Pollain sobre as “Blue Zones” quen poña en valor o papel da muller na cultura da alimentación tradicional e a súa influencia no envellecemento saudable. O Programa é organizado por Lola Rico, coordinadora de Escola Rural de Saúde dá Limia, quen unha vez máis, pon o punto de mira sobre o rural, a calidade de vida e as mulleres como axentes activos de saúde comunitaria. É un programa subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense, posible á colaboración de Concellos, Asociacións de Veciños e Coren, así como de Ourensividad.
Momento da charla de Pablo G. Vivancos