Hoxe comezaron as expropiacións de fincas para paso de regadío
Hai moitos veciños que van a deixar pasar os plazos, segundo acordaron nas asembleas, continuando así o proceso
Segundo nos confirmaba esta mesma mañá Amador Saborido, comezou esta mesma mañá o procedemento legal para expropiación de terreos afectados polo proxecto de regadío. Moitos son os propietarios que xa non van acudir, pero é obrigatorio facer este procesos oficial, sobre todo para aquelas fincas das que se descoñece o ou os propietarios.
1.800 FINCAS
Amador Saburido seguindo o proceso que hoxe comezou
Mil oitocentas fincas son ás que afectan estas expropiacións que se están a levar a cabo no salón de plenos do concello de Xinzo, ao que acudiron durante todo o día moitos propietarios e seguirán vindo durante os próximos días nos que están citados. Amador Saburido estivo durante todo o día pendente para estar cos membros da comunidade de regantes que preside, estando tamén a tarde o tamén membro da directiva Amador Díaz, alcalde de Xinzo e agricultor e promotor do regadío.
DOUS EQUIPOS TRABALLANDO
Nestes momentos están dous equipos de traballo, un facendo a balsa de Solveira, na que xa se compraron os terreos onde vai instalada e outro está cos tubos na comunidade de Lamas Ganade. Neste caso o problema que existe e que van saltando dun lugar a outro por mor das fincas que aínda están co proceso de expropiación, polo que isto que se está a levar a cabo incrementará a rapidez das obras.
Tamén nos manifestou Amador que están pendentes da redacción do convenio entre Xunta e Deputación, que esperan que estea rematado e asinado nunhas cantas semanas.