O venres 22 o Conservatorio convidavos a festexar a Sta. Icía
O vindeiro Venres 22 ás 20:00 h. no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia
Como todos os anos no Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, fomentamos e apoiamos o desenrolo cultural da nosa vilano no eido musical. Por eso, como todos os anos, entre as actividades para a promoción e difusión da música no noso centro, encóntrase o festexo de Sta Icía, patroa da Música.
O vindeiro Venres 22 ás 20:00 h. no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia, terá lugar o concerto do grupo de cámara “DeBiselas”, un cuarteto de frautas traveseiras que nos deleitarán cun concerto moi especial. Este concerto será aberto e gratuito para todo o que desexe acompañarnos ata completar aforo.
Nesta ocasión, para este concerto contaremos coa colaboración do alumnado do Ciclo de Formación Profesional de Cociña e Restauración do IES Lagoa de Antela, os cales serán os encargados de preparar unha doce sorpresiña como agasallo para o alumnado do conservatorio.
Estades todos convidados a este serán musical, esperámosvos.