CEIP "Os Blancos", un cole do rural moi familiar

CEIP "Os Blancos", un cole do rural moi familiar

 Centro plurilingüe dende o curso 2011/12.

 Dende o ano 2015 o CEIP de Os  Blancos recolle non solo ao alumnado do seu concello, se non que tamén o fai cos rapaces de Calvos de Randín. Todo isto foi “naqueles anos” para non correr o risco de peche, para chegar neste momento a unha estabilidade nos últimos arredor dos 23 con que conta na actualidade.

Todo o mundo predicía unha baixada de alumnado, pero de momento mantense ano tras ano nunha pinza de 19 a 23.

José Rodríguez é o responsable de centro, non quere dicir os anos que leva como responsable, porque según di, xa son moitos.

Todo o mundo predicía unha baixada de alumnado, pero de momento mantense ano tras ano nunha pinza de 19 a 23.

2

Alumnado de infantil do CEIP Os Blancos

UNHA SOLA UNIDADE

Por catálogo o centro ten solo unha unidade, pero ano tras ano se ven desdobrando ano a ano unha unidade máis. Este ano o alumnado de infantil está separado do de primaria, e estes algún ano, dependendo do número pode estar repartido en dúas aulas.

MOITA COLABORACIÓN ENTRE OS CENTROS DO RURAL

Tanto as saídas como as festas importantes sóenas facer conxuntamente con outros centros, Baltar, Cualedro etc.

Outra das cousas positivas coas que conta este centro, como a maioría da Limia é que contan con comedor escolar no centro con cociñeiro propio. Algo que valoran moi positivamente. Tamén contan con plan de madrugadores coa axuda do concello, algo xa imprescindible no rural comezando ás 07:30.

4

As instalacións e material didáctico co que conta o centro é o mesmo que o de calquera centro de vila ou de cidade, pero iso si, cunha “ratio” de 5 alumnos por profesor, algo que o profesorado valora moi moi positivamente, motivo polo que o profesorado que é de preto, quere repetir ano tras ano. A calidade da ensinanza é espectacular, comenta unha profesora de Xinzo, que coñece ben os outros centros.

Collage


 A COLABORACIÓN DO CONCELLO E DA ANPA É TOTAL

Aínda que a situación económica do concello (INTERVIDO) poden dicir que a maioría das obras que ultimamente se levan feito no centro, son xestionadas polo concello. José define a ANPA do centro como moi dinámica, colaborando e organizando cousas para o alumnado.

Moito alumnado con necesidades específicas.

Tal e como ocorre en todos os centros, destaca José que dos 23 alumnos do centro un 30% deste alumnado está detectado con necesidades específicas.