Arrancou o concurso Patapas 2024

Arrancou o concurso Patapas 2024

Despois de tres semanas saberemos cal é o mellor pincho desta edición.

O 8 de decembro remata o prazo para degustar de xoves a domingo, solo pola noite, as diferentes propostas de tapas dos máis de 20 establecementos hostaleiros do concello de Xinzo se presentaron a esta edición.

Collage 2

Algunhas das propostas presentadas este ano

Onte, aínda que a tarde non estaba moi propicia, xa foron bastantes os que se botaron a rúa para empezar coas degustacións e puntuacións que ao fin das tres semanas darán a sentencia.