25N día Internacional para eliminación da violencia contra as mulleres
10:38 22/11/24
10:38 22/11/24
Xinzo celebrará o día principal con actos na praza Carlos Casares
O Concello de Xinzo de Limia conmemora o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha ampla programación ao longo do mes de novembro. Realizáronse diversos obradoiros e actividades para a comunidade educativa e outros colectivos, co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre a importancia de erradicar esta lacra social.
Programación de todos os actos
O
vindeiro 25 de novembro terá lugar a lectura do manifesto na Praza Carlos
Casares, ás 13:00 horas, onde tamén se habilitará unha carpa de sensibilización
durante a mañá.