Renovación do DNI en Xinzo
10:43 22/11/24
10:43 22/11/24
En decembro estará o equipo o día 11
O Concello de Xinzo de Limia lembra á veciñanza que tódolos meses é posible tramitar ou renovar o DNI directamente no municipio grazas á colaboración da Policía Nacional, sen necesidade de desprazarse a outras localidades.
Neste mes de decembro, o servizo estará dispoñible o días 11, para realizar as xestións, e o día 18, para recollelo. O punto de atención estará situado na primeira pranta da Casa do Concello.
As persoas interesadas deberán achegar unha foto recente tamaño carné, aboar a taxa de 12€ e, no caso de primeiras expedicións ou cambios de residencia, presentar a documentación que corresponda.
Este servizo permite aos veciños e veciñas axilizar os trámites dun xeito cómodo e accesible.