Posibles cortes completos na entrada e saida de Xinzo A -52

Posibles cortes completos na entrada e saida de Xinzo A -52

Durante o próximo luns e martes

O Concello de Xinzo de Limia comunica á veciñanza que, segundo a información recibida, os próximos luns 25 e martes 26 de novembro realizaranse obras nos accesos da autovía A-52 ao seu paso por Xinzo, á altura do enlace do Parque Empresarial.

Durante a realización destas obras, é posible que se produzan cortes completos de tráfico, o que impedirá nalgúns momentos a entrada e a saída á autovía nese punto quilométrico.

Pedimos desculpas polas posibles molestias que estas obras poidan ocasionar e agradecemos a comprensión e colaboración da veciñanza.