Arde a parte de atrás dun camión de recollida de lixo de papel e cartón
A rápida intervención dos bombeiros e persoal do Punto Limpo fixo que todo se reduxera ás perdas de parte do camión
Sobre as 10 da mañá de hoxe domingo os sistemas de alarmas con que conta a nave do Punto Limpo de Xinzo no polígono industrial, o camión atopábase dentro, saltaron por mor dun foco de fume.
Inmediatamente trasladáronse ao lugar, a Policía local e Protección Civil de Xinzo así como unha dotación da Garda Civil e os bombeiros, así como persoal do servizo de recollida de lixo da Deputación.
Do camión saía moito fume e algunhas chamas e o primeiro que fixeron os bombeiros foi sacalo para a explanada de enfronte para que non producise máis danos na propia nave e nos outros camións. Unha vez na explanada continuaron co sofoco do lume.
Ata o lugar desprazouse tamén o Xefe de Medio Ambiente da Deputación e máis persoal para facerse cargo do sinistro.
Afortunadamente, e sendo domingo, os danos restrínxense a parte traseira do camión, non tendo que reseñar outros danos materiais e moito menos persoais.