Antonio R. Corbal: «O segredo de Lodoselo son os seus veciños e a implicación co seu pobo»

Antonio R. Corbal: «O segredo de Lodoselo son os seus veciños e a implicación co seu pobo»


A aposta pola «nova ruralidade» é a clave do éxito deste lugar de Sarreaus


Entrevista a o noso Toño de Lodoselo no xornal La Voz de Galicia de hoxe domimgo realizada por X.M.R

Cando Antonio R. Corbal (Lodoselo, 1960) chegou de volta ao seu pobo logo dos anos que botou fóra, na súa etapa de formación, non se recoñecía nel. Lembraba os tempos nos que se facían traballos comunais —limpar os camiños, meter a auga nas casas, crear as beirarrúas, amañar os accesos cando todo era lama e bulleiro, axudar en tarefas duras como a malla e a seitura e moitas outras accións— e aquilo non se semellaba en nada. Disque a veciñanza se derramara por dous factores importantes: «As diferenzas que xurdiran pola concentración parcelaria e o partidismo mal entendido». Varios mozos decidiron que había que arranxar o choio e convocaron unha xuntanza para tentar organizar actividades e recuperar a convivencia. «O éxito foi un fracaso: viñeron só dúas ou tres persoas», lembra entre risas. Eles decidiron que aquilo non ía ser un atranco. E así comezaron, organizando o magosto, e logo o entroido... e 39 anos despois teñen convertido Lodoselo nun pobo modélico ao que todos miran para tentar trasladar aos seus municipios as iniciativas deste lugar de Sarreaus.

—En 1985 crearon a asociación cultural O Cruceiro e en 1990 constituíse o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. Aí comezou todo?

—Sempre fomos os mesmos, aínda que a data oficial sería 1990 porque é cando se lle deu corpo legal ao CDR O Viso.

—Magosto, entroido... e xa non pararon... 

para continuar lendo prema aquí