Baronzás foi o enclave elixido polas mulleres do rural para celebrar o 25N

Baronzás foi o enclave elixido polas mulleres do rural para celebrar o 25N

Pidre, Boado, San Pedro, Laroá, Lamas, Perrelos, Calvos, a Boullosa..

Esta fin de semana mulleres de Pidre, Boado, San Pedro, Laroá, Lamas, Perrelos, Calvos, a Boullosa.. xuntáronse desta vez en Baronzás, para simbolizar o 25 de Novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

A6a22c5b b337 43d5 adfd dcf8e129d1c3

Tomando consciencia da realidade, este grupo de mulleres (organizado autónomamente), centran os seus esforzos en seguir facendo rede, fomentar o apoio mútuo e o acompañamento.

7d1272a7 24b3 4011 86a1 bf8a0fe2d4d6

Analizar os avances, identificar as necesidades e crear lazos efectivos, foron os obxectivos desta xornada que valoraron moi positivamente. 

Reivindican a necesidade da prevención, de ver consecuencias para os maltratadores acordes ós delitos, contar con recursos reais, e chegar a ter unha sociedade e profesionais sensibilizados co problema, entre outras moitas.

88f7f64f 57c1 48c1 8b22 6238a4c00282