Corte de tráfico na rúa Dous de Maio

Corte de tráfico na rúa Dous de Maio

Mañá mércores, pola tarde

O Concello de Xinzo de Limia informa de que o vindeiro mércores pola tarde, 27 de novembro, estará cortada ao tráfico a Rúa Dous de Maio, no tramo comprendido entre a Rúa Toural e a ponte do río.

Ademais, non se permitirá o estacionamento de vehículos neste tramo durante toda a tarde, xa que se realizarán traballos sobre a calzada, incluíndo o asfaltado da rúa. Estas actuacións forman parte do remate das obras de transformación que se levaron a cabo nesta vía.

Desde o Concello solicitamos a colaboración e comprensión da veciñanza polos posibles inconvenientes que poidan xurdir durante o desenvolvemento destes traballos.