O Consello da infancia do Rosalía reuniuse no salón de plenos
Foron recibidos por Amador Díaz, quen lles fixo entrega duns agasallos
Este curso o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo constituíu o Consello da Infancia, un órgano consultor da dirección do centro no do que forman parte 13 alumnos e alumnas do centro.
Estes representantes do alumnado son elixidos entre os seus compañeiros de curso e entre eles elixen ao seu presidente.
Compoñente do consello da infancia do CEIP Rosalía co director e co alcalde
O obxectivo principal do consello é a mellora do colexio en todos os seus aspectos. Reúnense cada certo tampo para plantexar as súas inquedanzas ao equipo directivo, despois de escoitados aos seus compañeiros. As últimas peticións foron as de que necesitaban máis balóns para xogar e máis froita no comedor.
REUNIÓN NO SALÓN DE PLENOS
Esta mesma mañá mantiveron unha reunión no salón de plenos do concello e rematada a mesma recibiron a visita do alcalde Amador Díaz o cal se fixo unha foto do momento xunto co director do centro, ademais de entregar uns agasallos a cada neno.