Fin de semana de poucas victorias para o A.B.Xinzo

Fin de semana de poucas victorias para o A.B.Xinzo

As ganas non faltaron


Seniors

As seniors Feminino xogaron na casa, o domingo a última hora da tarde, contra o Blanco Amor. O partido estivo bastante igualado, pero durante o partido houbo varias lesións que lle fixeron perder forzas o que propiciou a derrota.

O seniors Masculino xogaron contra Portas, un rival directo para estar entre os catro primeiros, pero na metade final os contrincantes adiantáronse con 16 puntos, aínda que se mellorou no ataque a defensa foi insuficiente o que fixo que o partido fora insalvable. Quedan aínda 6 partidos para intentar estar entre os catro primeiros.

Juniors

Os juniors atópanse descansando ata que comece a seguinte fase.

Cadetes

As cadetes Feminino xogaron tamén contra o Blanco Amor e perderon.

Os cadetes Masculinos xogaron contra o Maside, partido do cal saíron vitoriosos.

WhatsApp Image 2024 11 26 at 17.05.59

Infantis

As infantís Femininas 2011, perderon contra as xogadoras do Depordima.

Os infantís Masculinos 2011, gañaron o domingo pola maña aos xogadores do Bosco.

As infantís 2012, perderon contra o BBall.

Os infantís 2012, perderon na casa contra o Val de Lemos.

WhatsApp Image 2024 11 26 at 17.06.00

Minis

O derbi Feminino entre as xogadoras do 2013 e as do 2014, onde gañaron as xogadoras do mini 2013.

E os minis Masculinos tanto os do 2013 coma os de 2014 non xogaron.


Preminis

As Preminis Femininas perderon na súa visita a Maside, sendo este último o equipo favorito para gañar a liga premini feminina.

Os preminis Masculinos, gañaron o domingo en Celanova.

WhatsApp Image 2024 11 26 at 17.06.00 (1)

Veteranos

Xogaron o Torneo da Diputación, o sábado todo o día, onde xogaron con Galogrin de Santiago e con Pereiro de Aguiar.

E as "veterans" femininas que xogan no Seniors, xogaron no combinado ourensan, nunha xornada divertida, onde comeron todos xuntos e recibiron agasallos. 

Unha boa xornada para os nosos veteranos e veteranas.