Unha familia con moitas luces

Casa de Mª Luisa e Valentín
Unha familia con moitas luces

 Mª Luisa, José, Patricia e Roberto, veciños de Xinzo

 Moito presume o alcalde de Vigo polo seu alumeado de Nadal, pero a diferencia é que el faino cos cartos de todos os vigueses, pero Mª Luisa Rodríguez e José Valentín Ramos téñeno que facer cos seus propios recursos, o mesmo que fixeron Roberto (fillo) e Patricia (nora) na súa propia casa.

Máis de 6.000 lámpadas entre as dúas vivendas


2

Iluminación da casa de Patricia e Roberto

Solo na casa de Mª Luisa e Valentín están instaladas máis de 4.000 luces led comezando  a colocalas fai case mes e medio. O resto están postas na de Patricia e Roberto.

Todo material reciclado

Como se pode apreciar na casa de Mª Luisa e Valentín non falta nada co que representar o Nadal. Teñen o Nacemento tren de Papá Noel e na porta outro nacemento e un trineo de Papá Noel de dimensións de “cidade”. E todo feito con material de reciclaxe.

O que está claro é que Mª Luisa é unha entusiasta da súa casa. Temos que recordar que fai uns meses que o concello lle entregou o premio a casa mellor decorada con flores no concurso Xinzoenflor. Tamén temos claro que o premio non lle deu nin para encargar os enganches das luces de Nadal.

1

Mª Luisa e Valentín dentro do seu patio co tren e o nacemento

Patricia (a nora) comenta que ademais de iluminar as súas casas, tamén o fan por darlle un espírito máis de Nadal ao barrio. Ah! Todos aqueles que queiran ver o espectáculo simplemente teñen que saír apenas medio Km pola estrada de Xinzo a Baltar.

Debería o concello tomar nota e encargarlle a esta familia a instalación do alumeado do pobo. Desta maneira xa estaría colocado, e seguro que un pouco máis económico.

Desde onte moitos son os curiosos que se paran a ver as casas e Luisa e Valentín deixan a porta do garaxe aberta para que os que queiran poidan ver o seu traballo, do que loxicamente están moi orgullosos.