O GDR Limia Arnoia apoiará con 841.000 € 31 novos proxectos

O GDR Limia Arnoia apoiará con 841.000 € 31 novos proxectos

A Xunta Directiva do GDR Limia Arnoia aproba varios temas de interese para o desenvolvemento económico da comarca

O GDR Limia-Arnoia aprobou durante a Xunta Directiva cele- brada a mediados deste mes varios temas de interese dirixidos a mellorar o desenvol- vemento socioeconómico dos 25 municipios que integran o Grupo de Desenvolvemen- to Rural Limia-Arnoia.

Un dos primeiros puntos da sesión foi a aprobación dos proxectos subvencionados a cargo da última convocatoria do LEADER 2027-2020. En total implementaranse 31 no- vos proxectos na comarca durante os próximos anos nos que o GDR Limia - Arnoia des- tina un total de 841.904,63€ en axudas para facilitar a súa implementación. Entre os proxectos aprobados figuran tanto productivos como non productivos - de carácter pú- blico e privado - e con esta aprobación desaparece a lista de agarda que había ata o momento.

A sesión, presidida por Gumersindo Lamas Alvar (Presidente do GDR Limia-Arnoia e Alcalde de Sarreaus), tivo lugar o pasado 12 de novembro na oficina do GDR situada en Xinzo de Limia. Durante a mesma tamén se aprobou a adxudicación das parcelas da Finca Antela; cedida a comezos de ano pola Deputación Provincial de Ourense dentro do proxecto Aterra co fin de mobilizar as 49 hectáreas que compoñen o espazo entre os productores da zona para o cultivo en ecolóxico. En total 6 productores locais traba- llaran case 44 hectáreas destes terreos situados no Concello de Sandiás.

Outro dos puntos tratados durante a Xunta Directiva do GDR Limia-Arnoia foi sobre os procesos de licitación incluídos dentro do proxecto Mixturando. Este é un proxecto no que o noso GDR participa xunto co GDR Terra e Auga, o GDR Camín Real de Mesa (As-turias) e o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela que ten como obxetivo principal buscar novas estratexias de valorización do bosque mixto atlántico en Asturias e Galicia e conta co respaldo da Fundación Biodiversidad e a financiación dos fondos europeos Next Generation.

Co fin de acadar os obxetivos propostos a Xunta Directiva do GDR Limia-Arnoia acordou aprobar o proceso de contratación dunha empresa que xestione a dirección técnica e os traballos forestais así como as actividades de planificación e execución a desenvol- ver. Na mesma xuntanza tamén se aprobaron as bases para a contratación de 3 peóns forestais. As bases das dúas licitacións poden consultarse en www.limia-arnoia.gal.

Novos proxectos


Durante a reunión da Xunta Directiva celebrada a mediados de mes, tamén se deu con- ta do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia a través do cal se pretende situar o Xeodestino A Limia como un referente ornitolóxico. Para iso realizarase unha campaña dixital na que se porá a disposición da cidadanía un catálogo de 80 aves da Limia con fotografías de calidade e sons que se difundirá a través da web xeodesti- noalimia.com e das redes sociais.

E xa por último, durante a xuntanza informouse do novo proxecto solicitado ao Minis- terio de Agricultura, Pesca e Alimentación que, baixo o nome “RuralMente”, consiste nun intercambio de coñecementos para o desenvolvemento de modelos promocionais que estimulen a adhesión as Denominacións de Orixe en zonas de interese estratéxico para Galicia e Extemadura.

Próxima Asemblea


Na sesión marcouse a data da vindeira Asemblea Xeral Ordinaria que será o 20 de de- cembro ás 19:30 hora en Xinzo de Limia.