Festa de inauguración dun novo local de perruquería

Festa de inauguración dun novo local de perruquería

 Esta tarde noite, Xinzo viviu outro acontecemento social no sector de servicios. Esta vez, non foi unha apertura, pero si foi un cambio de local dunha perruquería con moita historia xa en Xinzo.

Asunción Olmos “ASÚN”  non tivo que viaxar moito para abrir o seu novo local que está xustamente ao lado. O motivo do cambio non foi outro que no que estaba, máis pequeno, xa non tiña as características e as comodidades que Asun, despois dos anos da súa traxectoria profesional quería implementar.

2

Asun conta que comezou aprendeu perruquería aos 15 anos e estivo traballando en varios locais asalariada e cunha socia noutro afamado local de perruquería de Xinzo ata que decidiu abrir a súa propia no nº 4 da adv./ de Madrid, no que estivo ata fai tan solo un día.

 DSC1849

Dende o luns, despois da festa desta tarde abrirá e atenderá aos seus clientes e clientas no nº 6 da mesma rúa nunhas instalacións moito máis modernas e con moita máis amplitude.

Loxicamente na festa de inauguración a que acudiron amigas, amigos así como familiares non faltou o barril de cervexa e tampouco un Dj.

DSC1876

Sempre é unha alegría que outro local medre e siga aberto nestes tempos no que a noticia so ser sempre a baixada da persiana. Parabéns.

 DSC1885


 DSC1830

 DSC1892

 DSC1836

 DSC1904

 DSC1880

 DSC1899