Resumo da xornada do A.B. Xinzo, co debut dos Babys e os Veteranos
Fin de semana con maioria de derrotas.
Os Babys debutaron por primeira vez este domingo, na primeira xuntanza da tempada que se celebrou en Maside.
Veteranos
Empezaron a competición perdendo contra o equipo do Imprenta, xogaron no pavillón de Maristas. No equipo do Imprenta hai ex-xogadores da ACB, como Sony Vázquez e Rubén Veloso.
Seniors
O Senior Masculino, parece que non levanta cabeza, terceira derrota consecutiva.
Desta vez contra o Galogrin, esta sendo a peor racha de derrotas da tempada. A defensa non estivo ben axustada o que facilitou que os santiagueses se desmarcasen no marcador.
As Senior Femininas, xogaron en Vigo, contra o Apóstol Santiago. O partido foi complicado xa que houbo varias lesións que propiciaron a derrota, ademais da falta do adestrador que non puido asistir.
Juniors
Os Juniors atópanse descansando a espera de comezar a seguinte fase.
Cadetes
As Cadetes Feminino remataron a primeira fase, en Allaríz, con vitoria para elas. Comezaron indo por detrás no marcador, pero no último cuarto un arreón de ganas fíxoas ganadoras do partido por tan so dous puntos.
Os Cadetes Masculinos tamén se enfrontaron o Allaríz, neste caso a vitoria foi para o equipo alaricano, que loitara polo ascenso nas vindeiras datas.
Infantil
As Infantil femininas 2011 non xogaron.
Os Infantis masculinos 2011, xogaron na casa contra Celanova, vitoria clara para os limiaos.
Os Infantis 2012, tanto o Feminino coma o Masculino, perderon onte a tarde contra Maristas.
Minis
As Mini Femenino 2013, resultaron vencedoras do derbi contra o Allariz.
Os Mini Masculinos 2013, perdeu o domingo a maña na súa visita a o Porriño.
As Mini Femininas 2014, perderon o sábado na súa visita a Carmelitas.
Os Mini Masculinos 2014, perderon por tan so un punto, o venres contra o Ribadavia.