*NON DEIXAR DE FALAR DE PALESTINA*.

*NON DEIXAR DE FALAR DE PALESTINA*.

 Galiza Nova e o BNG de Xinzo celebraron un acto aberto de formación arredor da situación actual na faixa de Gaza, na Palestina.

“_Por que os nenos palestinos teñen que escoitar F-16 en vez de paxaros?_” preguntaba a activista gazatí Sara Ashour ao inicio dunha intervención na que deu boa conta, en primeira persoa, das circunstancias que atravesan milleiros de familias palestinas dende o inicio do xenocido que están a sufrir na actualidade: “_A xente non só morre polas bombas. Morren de fame e enfermidade_.” Ashour deixaba, ademais, unha idea clara: *non debemos deixar nunca de falar da Palestina.*

IMG 20241202 WA0002

Recollía a continuación o testemuño o representante de Mar de Lumes, recoñecida organización de solidariedade internacionalista. Óscar Valadares afrontou a tarefa de facer unha brillante exposición do contexto histórico, social e político ao que se ten visto sometida a Palestina dende os inicios do conflito co “_estado inventado de Israel_” . “_A Arxelia levoulle 98 anos. Palestina leva 76._”, comentaba nun exemplo da forte resistencia que demostra o pobo palestino.

Ao remate das intervencións iniciouse un interesante coloquio co nutrido grupo de persoas que se achegaron á Casa da Cultura, a pesar de que o acto debía terse realizado no Salón de Plenos do Concello. Malia estar organizado con previsión e antelación, e coas pertinentes autorizacións, non puido celebrarse no emprazamento previsto por estar este ocupado nun erro sensible por parte da Concellaría correspondente.