Último pleno ordinario deste ano

Foto arquivo
Último pleno ordinario deste ano

Mañá ás 9 no salón de plenos de Xinzo

A corporación municipal de Xinzo celebrará mañá a partir das 9 horas o último pleno ordinario deste ano 2024. 

Ordenanza municipal reguladora da circulación dos vehículos de movilidade persoal (VMP):

Entre os puntos da orde do día que se van a discutir está unha moción presentada polo grupo dos socialistas para que se faga unha ordenanza municipal que regule a circulación, entre outros dos patíns eléctricos.

CONVENIOS COA CHMS

Tamén se tratarán dous convenios coa Confederación Hidrográfica Miño Sil. O primeiro será a aprobación dun novo convenio coa CHMS para unha segunda fase de actuacións no mosteiro de Trandeiras que lle foi solicitada no seu día ao presidente polo alcalde cando se fixo a entrega da primeira fase. Así mesmo coa CHMS reaxustarase o convenio para a demolición da presa de Gudín.

Como primeiro punto da orde do día os edis votarán a Ratificación de prórroga do contrato de servizos de Axuda a Domicilio no Concello de Xinzo de Limia.

No último punto aparecen os rogos e preguntas, pero segundo a convocatoria non hai ningún.