Fomentarase o desprazamento peonil e a mobilidade ciclista,

Conta atrás para a travesía de Xinzo

Conta atrás para a travesía de Xinzo

Sae a licitación pública a obra por 4,8 M de €

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible licitou por 4,8 millóns de euros (IVE incluído) as obras de mellora e adecuación ao paso de peóns e bicis de tres km da N-525 ao seu paso por Xinzo de Limia, na provincia de Ourense. 

Travesía 1

Proximamente publicarase o correspondente anuncio no Boletín Oficial do Estado. A actuación desenvolverase entre os km 197 e 200 e centrarase en reordenar os espazos da vía, aproveitando ao máximo a plataforma existente para ampliar os espazos peonís, crear un carril ciclista e acougar o tráfico rodado mediante unha Estratexia de Urbanismo Táctico: 

- Dotarase de maior anchura ás beirarrúas, permitindo así o paso cómodo e seguro dos peóns e separando o tráfico rodado das zonas de uso peonil e do estacionamento de vehículos. - Proxectaranse zonas axardinadas para separar a zona peonil e ciclista do tráfico rodado. O carril bici construirase ao longo dos 3 quilómetros do trazado.

Travesía 3

-Procederase a soterrar a liña de iluminación pública e se retranquearán as luminarias e semáforos existentes, adaptándoos á nova aliñación das beirarrúas. - Co obxectivo de priorizar o tránsito peonil e de acougar o tráfico rodado, na zona do Pombal e da Praza Maior proxectarase unha plataforma elevada ao mesmo nivel das beirarrúas. Tamén se sobreelevarán dous pasos de peóns, dous pasos ciclistas e dispoñerase un atenuador de velocidade sobreelevado no quilómetro 200. 

- Exponse dúas novas glorietas, unha cun diámetro de 26m no quilómetro 200 e outra de 25m de diámetro no quilómetro 199,16. O obxectivo deste proxecto é potenciar que o núcleo de Xinzo de Limia sirva como área de unión e desenvolvemento de actividades de lecer e acougado do tráfico urbano de maneira sostible e accesible para todos. 

Desta maneira, foméntase o desprazamento peonil e a mobilidade ciclista, limítase o uso do vehículo particular para pequenos movementos dentro do propio núcleo de poboación de Xinzo de Limia e axúdase a integrar a bicicleta como elemento fundamental e cotián dos desprazamentos. 

Esta actuación implica que, unha vez finalizadas as obras, o tramo cederase ao Concello de Xinzo de Limia,