Xinzo recupera a fonte da praza Maior
Despois de moitas décadas, e nunha construción "efémera"
Esta media mañá os operarios dunha empresa ourensá de construcións efémeras comezaron a construción da tan nomeada e añorada fonte da praza Maior.
Segundo comentaba esta mesma mañá o historiador da vila Miro, o sitio primeiro que tivo a fonte e un pouco máis cara a esquina de onde a colocaron hoxe, despois trasladouse ao medio da praza, ata a súa desaparición definitiva. Desaparición que nin o mesmísimo "Iker Jimenez" sabería descubrir.
Segundo o concelleiro responsable desta colocación, Carlos Gómez, a fonte ten as mesmas medidas e a forma que a que estivo formando parte do patrimonio de Xinzo moito tempo ata a súa desaparición.
A réplica fíxose gracias a unha foto doada por foto Dacal e que xa forma parte do patrimonio dos veciños de Xinzo.
Unha vez rematadas as festas retirarase e espera volver a colocala, esta vez xa con auga, para a festa das mozas.
De momento témonos que conformar con ver a súa réplica a escala natural e totalmente iluminada para estas datas.