Martín Alemparte Vidal de "patapas" por Xinzo
O director xeral de AGACAL (Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria) estivo acompañado por Amador Díaz e Cristina Campero
Atendendo a unha invitación realizada dende o concello o director xeral estivo esta tarde noite en Xinzo acompañado do alcalde e a concelleira/deputada facendo un pequeno percorrido por varios locais que participan no segundo concurso de "patapas" 2024.
En declaracións a dendealimia Martín Alemparte manifestou estar encantado de estar en Xinzo participando desta festa de exaltación da pataca, unha das 38 marcas de DOP de Galicia.
En tono distendido o director xeral confirmou que na reunión mantida a súa chegada no concello o alcalde lle fixo algunhas peticións de colaboración, algunha delas razoables e sensatas, co que xa leva traballo para Santiago.