Baixo o eslogan O QUE IMPORTA É A ILUSIÓN
Consumir durante o Nadal na praza ten premio
23:32 05/12/24
23:32 05/12/24
500 € en total para gastar en establecementos adheridos a PROLIMIA
A partir de hoxe 6 de decembro os seis establecementos hostaleiros da praza Maior uníronse para por en marcha unha campaña na cal por cada consumición os seus clientes recibirán unha papeleta que lles dará opción a participar nun sorteo que se levará a cabo o día 24 a noite.
Cada local repartirá entre os seus cliente 1.000 rifas que entrarán no sorteo que se levará a cabo o 24 e o número dos premiados con 300,200 e 100 € estará exposto nos locais ata o día 31. De non aparecer algún dos gañadores voltarase a sortear o día 2 tendo de prazo para gastar o premio comprando nos locais integrados en PROLIMIA ata a noite de reis.