Mais de 60 recoñecementos na Gala do deporte 2024

Membros do xurado da Gala 2024
Mais de 60 recoñecementos na Gala do deporte 2024

 Este ano haberá unha mención especial para unha persoa que foi influínte no deporte na Limia

 A Gala do deporte de Xinzo 2024 levarase a cabo o próximo luns 23 de decembro no pavillón de deportes de Xinzo organizado pola concellería que dirixe Cristina Campero. A Gala 2024 estará presentada polo presentador e cómico Rafa Durán. A parte musical estará a cargo de “Algo pasa con Mery”.

Hoxe reuníronse so membros do xurado arredor dunha mesa con mantel a que faltou algún dos compoñentes do mesmo que está formado polos 3 últimos concelleiros de Deportes que tivo Xinzo, os presidentes dos clubs que teñen máis de 50 licencias , os técnicos de deportes do concello e por suposto o alcalde.

Este ano os membros do xurado queren distinguir con galardón a aqueles deportistas de Xinzo ou equipos que aínda que non tiveran unha proxección provincial, galega ou nacional, si a xuízo deste xurado teñan mérito polo esforzo, dedicación ou outros valores.