Accidente na rotonda do pavillon de Xinzo
13:35 11/12/24
13:35 11/12/24
O sol puido ser o causante do sinistro
O sinistro tivo lugar esta mediodía. A colisión foi entre unha furgoneta e un turismo, Seat León. O turismo empotrouse contra o muro dunha das casas que hai o redor da rotonda.
Trala colisión un dos ocupantes da furgoneta quedou ferido de gravidade e foi trasladado o CHOU. O resto dos ocupantes da furgoneta, 3 traballadores, resultaron feridos leves.
A furgoneta viña da Pista da Armada e o Seat León ia dirección Lamas, posiblemente a causa do accidente foi que o condutor/a foi cegado polo sol que lle daba de fronte e non viu a furgoneta, sendo alcanzada por este.
Ata o lugar acudiron os bombeiros, policía local, ambulancia e protección civil.