Especialidade de percusión, segunda planta e un auditorio
Estas son as peticións a corto e medio prazo do profesorado do Conservatorio, aínda que están moi contentos co funcionamento e os rapaces vense contentos, e o prosorado tamén. (Esmeral Marra)
Continuando coas reportaxes sobre os centros escolares da comarca achegámonos ata o conservatorio profesional CEMUS que ten como directora a veciña de Xinzo Esmeralda Marra López que precisamente este ano cumpre os seus primeiros 30 anos no cargo.
Que ela recorde sendo ela xa directora eran 3 profesores e trinta e pico alumnos. Na actualidade son 9 profesores e mais de 130 alumnos de toda a Limia e de outros concellos como son Celanova, Allariz, Xunqueira, Maceda e algún de Ourense. Houbo anos que tiveron alumnos de Verín e da veciña Montalegre(Portugal). A estabilidade de profesorado é total, aínda que recorda que antes dos “recortes” chegaron a ser un máis. Todos os anos a matrícula sube un pouco. Tamén e certo que todos os anos quedan algúns alumnos sen poderse matricular por non facer a prereserva en tempo e forma e tamén por non facer as probas de acceso no prazo. Precisamente esta semana chegaron un par de rapaces que querían comezar, pero claro, non o poden facer ata o ano que ven.
A xente ten que saber que aínda que o profesorado dependemos “economicamente” do concello a ensinanza é regulada pola Xunta como calquera centro público de primaria ou secundaria coa lexislación que temos que acatar. Ah! Tamén os gastos de funcionamento son asumidos polo concello de Xinzo na súa totalidade.
GRADO PROFESIONAL
Uns dos momentos a resaltar na historia do conservatorio foi a consecución do grado profesional que foi un fito importante posto que desta maneira os rapaces puideran continuar os seus estudos. Non todos os pais poderían mandar aos seus fillos a Ourense e tamén porque todos eses rapaces tiveran praza no conservatorio de Ourense. Nestes momentos en Xinzo estudan o grado superior 60 rapaces e rapazas dos que posiblemente moi poucos poderían pasar do elemental ao profesional si non tiveramos nos esa ensinanza.
Alumnos dedicados a música profesionalmente.
Unha vez rematado o grado profesional hai algúns, poucos, que van a seguir os estudos, xeralmente ao superior de Vigo, pero hai moito alumnado que se dedican profesionalmente a música. Moitos a ensinanza.
Á directora ilumínaselle a faciana cando nos conta que do alumnado matriculado cada ano superan o grado elemental o 100% e os primeiros anos do profesional a maioría. Tamén e certo que cando empezan o bacharelato a algúns se lle fai moi costa arriba e van máis lentos ou ven o deixan.
Case chegando ao fin da charla e a pregunta de que falta neste conservatorio. O que pedimos reiteradamente dende fai moitos anos é a especialidade de Percusión, moi demandada polo alumnado. Tamén demandan, aínda que as instalacións son moi boas, unha segunda planta no edificio, e por suposto outra das nosas peticións "desesperadas" é o ansiado auditorio. Dentro duns días faremos os festivais de fin de trimestre e non sabemos como vamos a facer para meter no escenario o último día, a orquestra e os coros. Fainos falla si ou si un auditorio, non solo para nos.