25.000 € en bonos póñense mañá a venda para consumir no comercio local
Prolimia e o concello volven a sacar a campaña de bonos do Nadal
Un ano máis a asociación PROLIMIA coa colaboración do concello poñen a venda mañá ba casa de "Papa Noel" na praza Maior bonos de 50 € con un 30% de desconto.
DOUS BONOS POR DNI
Para a recollida dos bonos(tarxetas) haberá que presentar o DNI do que fai a compra, posto que solo se permiten dous bonos por DNI. Con eses bonos poderanse facer compras nos establecementos de Prolimia que teñan o distintivo da campaña, que este ano será unha bola colgada nas portas dos establecementos.
A venda dos bonos estará a venda ata que non quede ningún dos 500 que se poñen en circulación.
Os bonos estarán a venda dende as 12:00 ata as 14:00 e dende as 17:00 ata as 21:00. Recordar que dende que se fai esta campaña os bonos esgótanse practicamente nos dous primeiros días.
Desta maneira o comercio de Xinzo asegurase unha circulación de 25.000 € para compras que obrigatoriamente ten que facerse nos establecementos locais.
PROGRAMACIÓN DE NADAL DE PROLIMIA
Ao longo destes días iranse comunicando as diferentes actividades que a asociación vai a realizar durante o Nadal para colaborar coas actividades doutros colectivos. Entre elas haberá "O festivaliño" o 27 e 28 e o día 21 haberá degustación gratuíta no mesmo horario anterior de palomitas en diferentes prazas de Xinzo.