Inicio das obras "provisionais" no casco vello

Inicio das obras "provisionais" no casco vello

Retrasaronse duas semanas por mor de problemas burocráticos

 O Concello de Xinzo de Limia informa que veñen de comezar os traballos de reparación na rúa dos Viños e San Roque, intervencións necesarias para eliminar os perigos e as fochancas presentes nestes espazos. Estas actuacións, que se prolongarán durante varios días, obrigarán a manter ambas rúas pechadas ao tráfico de vehículos.

 

As obras consisten na eliminación das zonas deterioradas, aplicando cemento dunha cor similar ás lousas actuais para garantir unha solución estética acorde co entorno. Esta intervención ten carácter provisional, á espera dunha remodelación integral do casco histórico a través dun futuro Plan HURBE, co que se busca modernizar e mellorar de maneira definitiva esta zona da vila.

 

Dende o Concello agradecemos a comprensión da veciñanza polas posibles molestias causadas e solicitamos a colaboración durante a duración dos traballos para garantir a súa correcta execución.