Os máis pequenos da BGX encheron o auditorio
Pandereteiras, Aimil e a Banda C fixeron as delicias do público
Hoxe venres comenzaron os festivais de Nadal que ao longo destas semanas se van a poder seguir tanto no auditorio da Casa da Cultura como do Casino.
Hoxe tocoulle abrir o Nadal 2024 aos diferentes grupos da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo que desta vez puxeron en escea un grupo de pandereteiras, o grupo Aimil e a Banda C interpretando un popurri de pezas para rematar cun arranxo do director da Escola Fernando Dopico e dirixidos por Xan unha versión do himno a Alegría.
Enlaces para poder ver as diferentes actuacións:
Coro AIMIL: https://fb.watch/wsoImPYtez/
ACADEMIA DANZÓN
Mañá tócalle o turno a academia de baile Dazón que unha vez máis ensinarán o traballo realizado polo alumnado da escola, dende os máis pequenos ata os maiores. A Gala será na Casa da Cultura e comezará ás 17:00