Éxito abrumador dos "Bonos do comercio de Prolimia"
22:42 13/12/24
22:42 13/12/24
Solo quedan 62 para a venda mañá sábado
Está claro que a xente está disposta a gastar os cartos no comercio de proximidade r de paso aforrar uns cartiños.
Hoxe ás 12 da mañá puxeronse a venda os 500 bonos deste ano e dende primeira hora as colas eran contínuas para a compra dos mesmos.
A hora do peche, 21:00, PROLIMIA comunicounos que para mañá tan solo quedan 62 bonos de 50 €. Todos aqueles que hoxe non puideron compralo, xa saben acudan mañá a partir das 12:00, hora da apertura.