Control de alcohol e drogas en Xinzo

Control de alcohol e drogas en Xinzo

Durante o 2024, na nosa provincia rexistráronse 14 vítimas mortais consecuencia de accidentes de tráfico. “Gustaríanos que este ano se pechase sen ningún falecido máis”, explicou o xefe provincial de Tráfico, David Llorente

A DXT puxo en marcha esta semana unha campaña de control de consumo de alcohol e drogas en todo Galicia. Por tal motivo e colaborando coa campaña a Policía Local de Xinzo, durante estes días de Nadal incrementará tamén os controis dentro das estradas do noso concello.

IMG 20241216 133536

Esta mañá o primeiro control levárono a cabo membros da mesma na rotonda do Pombal arredor das 13 horas. Durante o mesmo non se detectaron condutores que deran positivo en alcohol.

Segundo o xefe da policía local estes controis fanse para concienciar aos condutores de que non se pode conducir baixo os efectos do alcohol ou drogas posto que non solo se expoñen eles mesmos, se non tamén os ocupantes ou calquera outro vehículo ou outras persoas.

CONTROL DE DROGAS

O xefe da Policía Local explicoulle ao dendealimia  o procedemento no control de drogas que é diferente ao de alcohol que case todos tivemos que facer en algún momento. Este control ten dúas partes. A primeira na que se detecta a presenza de sustancias, sendo o mecanismo parecido ao que facíamos para o Covid. 

IMG 20241216 133523


De dar positivo, hai que facer outra proba que se envía aos laboratorios da USC precintado e posteriormente son eles os que ditaminan que clase de estupefaciente e a cantidade. 

No primeiro positivo xa se  tramita a denuncia coa correspondente sanción que pode chegar a 1.000 € 6 puntos e bloqueo do vehículo, e si se vai, por exemplo en bicicleta, serían soamente os 1.000 €.

Manuel Estévez engadiu  que coa publicidade destes controis o que pretenden é concienciar a xente de que non se faga consumo de alcohol e drogas, e menos tendo que coller o coche.