Entrega de premios do II Concurso de Patapas de Xinzo de Limia
Lch acadaron o primeiro premio do público ao mellor pincho 2024
O Concello de Xinzo de Limia celebrou a entrega de premios do II Concurso de Patapas, un evento que volveu poñer en valor a gastronomía local e o apoio ao comercio da vila. Nesta edición, repartíronse máis de 2.500 euros en cheques para consumir nos establecementos de Xinzo, promovendo así a economía local e fomentando o dinamismo comercial.
Os dous premiados despois de recibir o premio
Desde
o Concello, agradécese a colaboración de todos os establecementos e a
participación activa da cidadanía, que fan posible seguir promovendo
actividades que fortalecen a identidade e a economía de Xinzo de Limia.